É ilustrador profesional e autor de máis de trinta libros sobre distintas cidades e países do mundo. Nos seus cadernos mestúranse dúas das súas paixóns: viaxar e a acuarela, que esquecera na mocidade e redescubriu no ano 1999 na República de Suráfrica. En 2005 acode ao festival de Clermont-Ferrand e, dende ese momento, aborda o seu traballo cun caderno nas mans. Ensina os seus coñecementos coa acuarela e a súa técnica de debuxo en residencias artísticas en lugares como Grecia, Marrocos ou Italia.