Formada como deseñadora gráfica, traballou para distintas editoriais, como RBA, Salvat ou Planeta, ata que descobre o debuxo urbano e enfoca a súa carreira profesional cara a esta disciplina. Dende entón publicou varios libros cos seus traballos e ilustracións para medios e entidades como La Caixa, La Vanguardia ou o RACC. Na actualidade combina as súas encargas coa docencia, impartindo obradoiros e cursos de urban sketching e de ilustración por todo o mundo.