17 Sep / 06 Nov

Autoridade Portuaria

A Coruña

Exposición

Camiño de Santiago

Exposición "Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño"

Nicolás Combarro comisaría esta exposición que ten por obxectivo mostrar unha mirada diferente sobre o Camiño de Santiago e integrar diferentes propostas no campo audiovisual, desenvolvendo ata os seus límites o que se deu en chamar “novo documentalismo”.

Carla Andrade, Lua e Bandia Ribeira, Luís Díaz Díaz e Iván Nespereira, son autores do novo panorama fotográfico galego que dialogarán con outros artistas de nacionalidade española, como Cristina de Middel e Miguel Ángel Tornero, e internacionais: Michel Lebelhomme, Olivia Arthur e André Cepeda. Dez artistas que cultivaron éxitos no panorama da nova fotografía internacional e varios deles membros da prestixiosa Axencia Magnum, achégannos unha mirada renovada sobre as rutas xacobeas e achégannos á fotografía como outra forma de mirar.

A proposta de cada autor preséntase en formato audiovisual, diaporama ou vídeo, transcendendo un proxecto de natureza simplemente expositiva, no que se realizarán talleres e diversas actividades relacionadas coa fotografía e a tradición xacobea buscando a interacción co público.

Seis contedores de barco, dez artistas, dez roteiros do Camiño de Santiago, percorrerán varios lugares da xeografía galega desde setembro do 2021 a xullo de 2022.

Fechas: del 17 de septiembre al 6 de noviembre de 2021

Horario: 11:00-14:00h / 16:00-21:00h. Lunes cerrado

Lugar: Zona de la Autoridad Portuaria. A Coruña

Organizan: Consellería de Cultura, Educación e Universidade y Axencia de Turismo de Galicia

Colabora: Fundación La Caixa