Licenciada en Deseño e Cultura Gráfica, é profesora de Artes Gráficas e unha apaixonada dos cadernos de viaxe, unha afección que leva desenvolvendo dende 2009, cando comezou a súa formación cos mellores profesionais desta disciplina. Actualmente imparte workshops, cursos e conferencias en España e Portugal, e participou en exposicións en Marrocos, O Brasil ou Italia. É autora dos libros Uma Semana na Cozinha e O Camiño Urbano, natureza no km cero.