Róisín Curé

É unha artista irlandesa que vive por e para o debuxo. Profesora de caderno urbano, impartiu obradoiros por toda Europa poñendo en práctica o seu método de ensino, co que trata de desmitificar os problemas á hora de facer bosquexos e diarios. Traballa coa técnica da acuarela e a tinta, que lle permite captar con rapidez momentos e cidades. Publicou tres libros sobre urban sketching en Irlanda e os Estados Unidos de América.