25 de xaneiro de 1581

Chega a Santiago, procedente de Lisboa, o militar polaco Erich Lassota von Steblau. Escribiu un valioso relato da súa peregrinación, onde narra que tamén estivo en Muxía e Fisterra para ver, como tantos outros, o finis terrae, a terra da fin do mundo.

Ver fontes

  • FONTE 1: López Ferreiro, Antonio, Historia de la S.A.M.I. de Santiago de Compostela, Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central, Santiago, 1906, t. VIII, pp. 437-438.
  • FONTE 2: http://www.xacopedia.com/Lassota_von_Steblovo_Erich
    NOTA: No libro Pombo, Antón; Fernández Carrera, Xan; Yáñez, Xosé Manuel, O Camiño dos peregrinos á fin do mundo: a prolongación a Fisterra e Muxía, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, indícase que Lassota chegou a Muxía en barco e por azar o 5 de outubro de 1580. López Ferreiro escribe que volveu a Santiago o 12 e 13 de outubro do mesmo ano 1581.