Botón para pausa automático no carrusel

Plan de albergues do Camiño de Santiago

Os albergues que dependen da Xunta de Galicia ofrecen máis de 3.247 prazas, unha ratio de ocupación do 23% dentro da rede territorial galega. Este plan contempla a construción de albergues de nova planta, así como rehabilitacións.

Plan de sinalización do Camiño de Santiago en Galicia

A Xunta de Galicia destinará 12 millóns de euros a mellorar e adaptar á normativa europea e rexional a sinalización das rutas xacobeas en Galicia, 1.680 quilómetros de vías que transcorren por 126 concellos.

Plan de embelecemento do Camiño de Santiago

Desde 2020 e ata 2021, a Xunta de Galicia concederá axudas destinadas a protexer o Camiño de Santiago, así como a súa paisaxe e patrimonio. Esta actuación está dotada cun orzamento de 1,2 millóns de euros.