19/11/2021

Feijóo agradece novamente ao Papa Francisco que Galicia sexa epicentro espiritual do mundo tamén durante o 2022 e reitera o desexo da Comunidade de contar coa súa visita

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu hoxe novamente ao Papa Francisco que Galicia sexa epicentro espiritual do mundo tamén durante 2022. “Estamos moi orgullosos e agradecidos por outorgarnos o privilexio de desfrutar do Ano Santo dous anos continuos e poder mostrar o que é Galicia ao mundo”, dixo, reiterando o desexo da Comunidade de contar coa súa visita, como no pasado recente se produciu a dos Sumos Pontífices Benedicto XVI e Juan Pablo II.

Durante o almorzo con motivo da peregrinación a Santiago de Compostela da Conferencia Episcopal Española, Feijóo salientou que o Camiño está detrás da natureza hospitalaria dos galegos. E, nesta liña, afirmou tamén que o fenómeno xacobeo luce máis que nunca neste dobre Ano Santo, cunha catedral rehabilitada na súa totalidade.