02 Jun / 21 Jun

Galicia

O Camiño das Músicas Galegas. La Duendeneta

Camiño de Santiago

O Camiño das Músicas Galegas. La Duendeneta

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, inclúe dentro da programación Xacobeo 21.22, LA DUENDENETA, O CAMIÑO DAS MÚSICAS GALEGAS, un novo proxecto de difusión  cultural que consiste en dar a coñecer a música galega e feita en galego.  

A furgoneta móbil vintage LA DUENDENETA, percorrerá ao longo do mes de xuño do presente ano, diversas prazas e vilas que coinciden cos habituais finais de etapa do Camiño de Santiago, ofrecendo unhas sesións musicais de carácter didáctico, que amosarán a historia da música dende os artistas pioneiros ata o día de hoxe, incluíndo todos os xéneros: pop, rock, folk, canción de autor, hip hop, tradicional, electrónica e blues.

O recoñecido xornalista, Carlos Crespo, que conta cunha ampla experiencia na difusión da cultura en medios de comunicación, como A Voz de Galicia ou Radio Nacional de España, será o encargado de exercer de Dj para facer unhas sesións bautizadas co título de OS CAMIÑOS DAS MÚSICAS GALEGAS, nas que, os peregrinos e espectadores en xeral, poderán disfrutar e entender os fitos musicais máis destacados da nosa historia musical.

Tanto os peregrinos que se atopen en cada etapa de actuación da DUENDENETA, como os vecinos e asistentes en xeral, poderán descargarse no seu móbil a play list completa a través dun código QR e escoitala en calquer momento.
,
Datas e lugares:

Camiño Francés
2 de xuño: O Pedrouzo. O Pino
3 de xuño: Arzúa
4 de xuño: Melide
5 de xuño: Palas de Rei
6 de xuño: Portomarín
7 de xuño: Sarria
9 de xuño: O Cebreiro. Pedrafita

Camiño Inglés
11 de xuño: Sigüeiro. Oroso
12 de xuño: Ordes
13 de xuño: Betanzos
14 de xuño: Pontedeume

Camiño Portugués
15 de xuño: Padrón
16 de xuño: Caldas de Reis
17 de xuño: Pontevedra
18 de Xuño: Redondela
19 de xuño: Tui

20 e 21 de xuño: Santiago de Compostela

Horario: luns a venres as 18:30. Sábados e domingos: 18:30 e ademáis unha sesión vermú ás 13:30h  

Organiza: Xacobeo 2021.Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

Colabora: Fundación La Caixa