22 Oct / 23 Oct

Auditorio ABANCA

Santiago de Compostela

III Encontro Interrelixioso en Santiago de Compostela

Camiño de Santiago

III Encontro Interrelixioso en Santiago de Compostela

Con motivo da celebración do Ano Santo Compostelán 2021-22, a Igrexa Metropolitana de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia organizarán na cidade de Santiago, no mes de outubro de 2021, o III Encontro Interrelixioso en Santiago de Compostela.

Este III Encontro Interrelixioso leva por título Dignidade humana, migracións e fraternidade, inspirado na encíclica Fratelli Tutti da Súa Santidade o papa Francisco, e constará de varias conferencias seguidas de mesas redondas, nas que intervirán quince personalidades relixiosas e do mundo académico, coa conclusión dun acto de oración en común, que terá como marco a igrexa de San Martiño Pinario.

Datas: 22 e 23 de outubro de 2021

Lugar de celebración: Auditorio ABANCA

Dirección: rúa do Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela

Concerto de órgano a cargo de Miguel Huertas

22 de outubro ás 21:00 h. Catedral de Santiago de Compostela

Organizan: Catedral de Santiago de Compostela e Xunta de Galicia

Colabora: Abanca Obra Social

FORMULARIO DE INSCRICIÓN