05 Oct / 31 Oct

Gran Vía Montero Ríos

Pontevedra

Exposición

Camiño de Santiago

Exposición "Carteis para un camiño. 100 anos de ilustración xacobea"

Exposición itinerante dun contenedor instalado en vías públicas de dez localidades comprendidas en cada unha das dez comunidades autónomas que forman parte do Consejo Jacobeo.

Exposición itinerante nun contedor onde a través de reproducións de carteis, folletos e programas de festas dos últimos cen anos realizados nos diferentes estilos decorativos do século XX como o Art Nouveau, o Modernismo ou o Simbolismo, entre outros, achegarémonos á reinterpretación que da iconografía xacobea fíxose nos derradeiros cen anos.

Ademais de poder coñecer as diversas tradicións que conflúen no Camiño de Santiago tamén se amosan as novas tendencias que, en canto a promoción turística, estaban xa presentes en artistas de fama nacional e internacional ao longo do século XX. Trátese, en definitiva, dunha oportunidade para comprobar como no Camiño de Santiago imperou e impera a tolerancia e o respecto ao outro, e como o Camiño foise configurando como un relato de unificacións sociais e agregador de vontades colectivas.

Tineo, Laredo, Sangüesa, Jaca, León, Mérida, Sevilla, Cuenca e Nájera serán, xunto con Pontevedra, as outras localidades polas que itinerará o contenedor expositivo a longo do Xacobeo 21.22

Lugar: Gran Vía Montero Ríos. Pontevedra

Datas: do 5 ao 31 de outubro de 2021

Organiza: Ministerio de Cultura e Deporte-Consejo Jacobeo e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.