Botón para pausa automático no carrusel

Once anos despois da celebración do último Año Santo, Galicia prepárase para o Xacobeo 2021, un evento único, estrutural e á vez transformador, organizado e planificado desde a Xunta de Galicia, pero que conta coa participación dun gran número de entidades públicas e privadas dos máis diversos ámbitos, así como de toda a sociedade civil.

Trátase do acontecemento que xera maior proxección internacional de Galicia, que aspira a se converter en epicentro cultural e social, á vangarda en creatividade, innovación social, equidade e sostibilidade.

Para concretar este ambicioso proxecto, a Xunta de Galicia aprobou un presuposto global de 247 millóns de euros procedente de todas as consellerías do Goberno Galego, para o período 2019-2022, en consonancia cos criterios de perdurabilidade do Xacobeo 2021.