Comisión organizadora
A participación dos distintos axentes sociais e institucionais é un dos alicerces da celebración do Ano Santo.
Precisamente, para facilitar esa colaboración, a Xunta de Galicia impulsou a creación da Comisión Organizadora do Xacobeo 21, un órgano colexiado de coordinación e asesoramento para a promoción e organización do Xacobeo 2021, creada en virtude do Decreto 4/2018, de 11 de xaneiro, publicado no DOG de 22 de xaneiro de 2018.
Composta por representantes do Executivo galego, a Delegación do Goberno en Galicia, a Igrexa, o Concello de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 ten entre as súas funcións:
- Fomentar, coordinar e impulsar as actuacións das diferentes administracións públicas
- Definir as liñas estratéxicas para a aprobación do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021
- Elaborar e aprobar a programación de actividades deste evento
- Aprobar a marca e o manual de aplicación do logo Xacobeo 2021
- Promover a participación privada nel a través de convenios, patrocinios etc.
- Promover a aprobación de incentivos fiscais para patrocinadores privados no marco da programación do Xacobeo 2021
- Impulsar a promulgación das disposicións e a realización das actuacións precisas para a súa organización e coordinación
- Promover a adopción dos acordos necesarios para a difusión e promoción do Xacobeo 2021
- Servir de instrumento de colaboración, asistencia e información recíproca na relación coas demais administracións públicas e entidades que participan na programación de actividades
- Realizar as actividades necesarias para o seguimento e avaliación das estratexias e accións aprobadas
- Descarga: Membros da Comisión organizadora
- Ligazón: Comisión organizadora