Botón para pausa automático no carrusel

Imaxe corporativa

Xacobeo 2021 é unha marca rexistrada e, á vez, a imaxe que identifica o conxunto de accións, actividades e programas asociados á celebración do Ano Santo 2021.

O Manual de identidade visual do Xacobeo 2021 constitúe un instrumento indispensable para transmitir os valores de unidade, coherencia e modernidade nas distintas actividades asociadas a este evento.

O Manual de identidade visual establece os principios básicos que se aplicarán a toda a gama de produtos de comunicación da marca “Xacobeo 2021” e o seu obxectivo é darlle á imaxe de marca identidade e coherencia na súa comunicación, unha identidade construída arredor de dous elementos clave: a cuncha da vieira e un logotipo deseñado con letras personalizadas. Este manual de identidade vai dirixido ao sector público autonómico, e establécese, así mesmo, a posibilidade de que o resto de persoas, entidades e institucións non integrantes do citado sector lle soliciten, á Axencia Turismo de Galicia, as correspondentes licencias e autorizacións para o seu uso, que se outorgarán con suxeición á normativa vixente en materia de propiedade intelectual e industrial.