Botón para pausa automático no carrusel

Patrocinios

O Xacobeo 2021 é un evento participativo, que debe contar coas achegas de todos os axentes da sociedade civil e do tecido empresarial como vertebrador territorial e panca de desenvolvemento económico, cultural, social e territorial.

Con este fin foi declarado Acontecemento de Excepcional Interese Público pola Lei 6/2018 de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018. O programa de beneficios fiscais abrangue desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2021.

Os obxectivos do programa conmemorativo, aprobado polo Consejo Jacobeo, son os seguintes:

  • Destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago
  • Convidar o diálogo ao redor deste grande Itinerario Cultural Europeo
  • Promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea
  • Impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago
  • Fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño de Santiago particularmente entre os máis novos

Para cumprir con este propósito, a Xunta de Galicia dedícalle unha especial atención á colaboración con empresas, mecenas e doadores na organización de actividades e eventos que dinamicen a cultura xacobea, a través dun programa específico que regula as dinámicas en materia de patrocinios. As formas xurídicas mediante as cales as persoas físicas e xurídicas poden contribuír á programación do Xacobeo 2021, así como á proxección e mellor visibilidade da marca Xacobeo 2021, son basicamente tres:

  • Convenio de colaboración con empresas
  • Contrato de patrocinio
  • Convocatorias públicas e competitivas