Avance da programación
A Xunta de Galicia presenta, cando falta pouco máis dun ano para a celebración do vindeiro Ano Santo, un avance da programación para o Xacobeo 21.
Trátase dunha programación multidisciplinar na que todos os galegos e galegas xogan un papel importante e que se desenvolverá ao longo de 2020 e 2021.
- Harmonización coa estrutura Plan Estratéxico do Xacobeo 2021
- Coherencia coas achegas efectuadas durante o proceso de deseño do plan
- Adecuación da temporalización das propostas
- Enfoque territorial descentralizador
- Impulso da promoción internacional de Galicia e do Xacobeo
- Proposta que procura a participación da sociedade civil nos proxectos
- Impulso e reforzo de accións xa iniciadas
- Enfoque estratéxico clave: sostibilidade temporal e reforzo do ecosistema cultural galego