Botón para pausa automático no carrusel

Formulario de inscrición na lista de agarda

A participación nun obradoiro queda supeditada á baixa doutra persoa inscrita e realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude. En caso de que se produza seralle comunicado por correo electrónico á persoa en data previa á celebración do obradoiro.

  • As actividades están destinadas a persoas maiores de 18 anos
  • Este encontro é gratuíto con inscrición previa e aprobación por parte da organización
  • Non se poderá acceder a ningunha actividade sen estar rexistrado
  • Respectaranse as normas de seguridade Covid vixentes en cada momento
  • Cada participante traerá o seu propio material de debuxo para os obradoiros
  • Rógase chegar con 10 minutos de antelación a cada actividade
  • Unha vez formalizada a inscrición, recibirá un correo electrónico de confirmación. No caso de non poder asistir, rogámoslle que nolo comunique a través da ligazón de contacto para deixar libre a praza para outra persoa interesada
  • Non se permiten os cambios de obradoiros unha vez feita a reserva
  • Calquera pregunta, dúbida ou aclaración deberá facerse a través da ligazón de contacto

Os termos nos que esta páxina usa e protexe a información proporcionada polos seus usuarios/ as cando se envía un contacto ou cando formalizan unha matrícula son os seguintes: comprometémonos a protexer a confidencialidade dos datos que os usuarios/ as envían a través desta páxina. Cando solicitamos encher campos de información persoal cos que vostede pode ser identificado/a, facémolo asegurando que só se emprega esa información de acordo cos termos expresados neste documento.

Información que se recolle

No formulario de contacto só recollemos o seu nome e apelidos, o seu enderezo de correo electrónico e o texto que vostede escriba no cadro de «Mensaxe». Na base de datos da inscrición recollemos a seguinte información, facilitada polos propios usuarios/ as rexistrados/ as: nome completo, DNI, correo electrónico, teléfono, lugar de residencia (país, provincia, código postal e cidade) e os obradoiros nos que se inscribe. É unha información necesaria tanto para a organización do evento, como para as actividades nas que se inscribe.

Uso da información recollida

A dirección do evento usará esa información unicamente para o seu proceso de organización. Esa información nunca será facilitada a terceiras persoas sen o expreso consentimento de vostede, agás que sexa requirida por un xuíz cunha orde xudicial.

Control da súa información persoal

En calquera momento vostede pode restrinxir a recompilación e o uso da información que nos proporcionou a través dos nosos formularios. Para iso só ten que solicitalo enviando un correo electrónico a administracion@elpatitoeditorial.com.