Gabriel Campanario

Traballou como xornalista e ilustrador a ambos os lados do Atlántico, en diarios como La Vanguardia, The (Palm Springs, Calif.) Desert Sun, USA Today e, actualmente, The Seattle Times. No ano 2008 organiza o blogue colectivo Urban Sketchers canda un cento de colaboradores internacionais, que supuxo o comezo dunha comunidade de debuxantes urbanos que se hoxe en día se estende polos cinco continentes.