Juliet Pomés Leiz

De formación pintora e gravadora, sempre compaxinou os campos da arte, a ilustración, o deseño e a publicación. O seu caderno Un dia al Born iniciou, da man de Zahorí Books e o Concello da súa cidade, a famosa colección “Barcelona Carnet de Voyage”, nun momento de eclosión do urban sketching. A procura do ritmo narrativo e do equilibrio entre as partes, sen sobrecargar os debuxos, nin dicir nin amosar máis do necesario, é o trazo característico do seu traballo.