Botón para pausa automático no carrusel

O teu Xacobeo

Froito do carácter participativo desta celebración nace “O teu Xacobeo”, un programa de axudas específicas para a dinamización sociocultural do Camiño de Santiago e a promoción do Xacobeo 2021.

Este programa, posto en marcha xa en 2019, reflicte o carácter participativo, diverso, descentralizado e sostible deste evento, xa que permite que todos os axentes da sociedade participen activamente no próximo Ano Santo. É a propia cidadanía a que deseña a programación a través das súas propostas.

O teu Xacobeo” estrutúrase a través de tres liñas de actuación en función do tipo de beneficiario: entidades locais (liña 1), empresas (liña 2) e asociacións e fundacións sen ánimo de lucro (liña 3). O seu obxectivo é apoiar proxectos que abrangan os máis diversos ámbitos: artístico, gastronómico, deportivo, social e patrimonial.

A que sen dúbida é a maior convocatoria aberta de proxectos da historia de Galicia concretouse en 2019 con 654 solicitudes presentadas, 352 propostas aprobadas e 4,7 millóns de euros concedidos.

Contacto: oteuxacobeo@xunta.gal