Luís Simões

Licenciado en Deseño Gráfico, é un apaixonado total do caderno de viaxe, de aí que o 16 de marzo de 2012 crease o seu proxecto persoal World Sketching Tour, como unha aventura para percorrer o mundo debuxando. Partindo de Europa, cruzou toda Asia, Oceanía e América Latina, até que, ao cabo, lle puxo punto final á súa aventura en África tras oito anos viaxando. As súas últimas escapadas decorreron montado nunha bicicleta, a súa nova compañeira, na busca de lugares incribles nos que inspirarse e relaxarse.