Natsko Seki

Nada en Toquio, estudou Psicoloxía na Universidade de Keio antes de mudarse a Inglaterra, onde se graduou en Ilustración na Universidade de Brighton. A partir de entón centra o seu campo de traballo na ilustración e nos libros relacionados coas viaxes, inspirándose na arquitectura e na xente de diferentes idades e culturas. Entre os seus clientes inclúense Louis Vuitton, o Vitoria & Albert Museum, Hermès, Toyota, Transport for London, o Financial Times, The Guardian ou The New York Times.